martes, 14 de octubre de 2008

VIDEO DA XIRA "VOL.2"

The Bronxson Project baixa dos escenarios logo de dous
anos de concertos por toda a Galiza e Portugal para

adicarse de pleno á gravación do seu vindeiro traballo.


Agora é tempo de facer reconto do andado para afrontar
unha nova etapa aproveitando o aprendido no camiño.
E que mellor forma de comezar o exame que cun video
recollendo algúns dos mellores momentos da banda,
no que aparecen tamén músicos e amigos que colaboraron
nos directos ó
longo desta xira: o saxofonista Benito Tenorio,
acompañando ás voces Rubén Cuesta (Why Go)e Xabier Rey
(Soundshepard), e á percusión Cibrán Rey (Soundshepard)




jueves, 21 de agosto de 2008

THE BRONXSON PROJECT + AMIGOS 2ºAniversario CONTRABAJO


Este VENRES, 22 de agosto, concerto especial de THE BRONXSON PROJECT que rematará cunha jam session entre os colegas do grupo e da sala.

Será a aportación da banda a unha semana de actuacións e festa con motivo da celebración do 2ºAniversario da xa mítica sala de Vigo CONTRABAJO
Sona máis que merecida pola súa labor a favor dos artistas vigueses e da música en xeral, ademáis do seu trato inmellorable!!

POR MOITOS ANOS MÁIS DE CONTRABAJO!!!!


domingo, 27 de julio de 2008

"FUNKY POR UN TUBO"

O venres 15 de agosto temos unha nova cita co mellor "funk mesturado" da man das bandas viguesas






















Será a terceira vez que comparten escenario, pero desta vez será xuntos e tamén revoltos, xa que veñen de preparar material conxunto entre os dous grupos, algúns experimentos de "funksión" que estrearán esa noite, alternados co seu repertorio habitual e tamén novos temas, no mellor dos escenarios: a praia de Patos

Estades todos convidados a pasar esta noite de verán na terraza do bar PATOS na compaña de boa música. E para os que xa queiran aproveitar para pasar a tarde na praia quizás tamén haberá algunha sorpresiña...


myspace.com/soundshepard
myspace.com/thebronxsonproject
barpatos.com