martes, 14 de octubre de 2008

VIDEO DA XIRA "VOL.2"

The Bronxson Project baixa dos escenarios logo de dous
anos de concertos por toda a Galiza e Portugal para

adicarse de pleno á gravación do seu vindeiro traballo.


Agora é tempo de facer reconto do andado para afrontar
unha nova etapa aproveitando o aprendido no camiño.
E que mellor forma de comezar o exame que cun video
recollendo algúns dos mellores momentos da banda,
no que aparecen tamén músicos e amigos que colaboraron
nos directos ó
longo desta xira: o saxofonista Benito Tenorio,
acompañando ás voces Rubén Cuesta (Why Go)e Xabier Rey
(Soundshepard), e á percusión Cibrán Rey (Soundshepard)